Ayúdame Rosalia - Cantar Nº VI
Quíxente tanto, meniña,
Tívenche tan grand’amor,
que para min eras lua,
branca aurora e craro sol.
Agua limpia en fresca fonte,
Rosa d’o xardín de Dios,
Alentiño d’o meu peito,
Vida d’o meu corazón".
Así che falei un día
camiñiño de San Lois
Todo oprimido d’angustia,
Todo ardente de pasión;
Mentras que ti me escoitabas,
depinicando unha frol,
Por que eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
Décheme un caraveliño
que gardei n-o corazón.
................................................................
0 comentarios