Blogia
marte

Cantares gallegos - Nº III (Fragmento)

Cantares gallegos - Nº III (Fragmento)

No se porqué razón, cuando me ronda la injusticia y me siento mal, acudo a Rosalía buscando consuelo. Pienso que es como volver a la posición fetal y al recuerdo de mi madre leyendo sus versos.


Cantan os galos pr’o día:
érguete, meu ben, e vaíte.
-¿Cómo m’hei d’ir, queridiña,
Como m’hei d’ir e deixarte?

D’eses teus olliños negros
como doas relumbrantes,
Hastra nosas mans unidas
As bágoas ardentes caen.
¿Cómo m’hei d’ir si te quero?
¿Cómo m’hei d’ir e deixarte,
si co’a lengua me desbotas.
E c’o curazón m’atraes?
 N-un corruncho d’o teu leito
cariñosa m’abrigaches;
C’o teu manso caloriño
os fríos pes me quentastes;
E d’aqui xuntos miramos
por antr’o verde ramaxe
Cal iba correndo a lua
por enriba d’os pinares.

¿Como queres que te deixe,                                                                               
cómo que de ti m’aparte,
Si máis qu’a mel eres dulce
E máis qu’as froles soave?

Xa cantan os paxariños,
Erguete, meu ben, que è tarde.

Conmigo, meu queridiño,
mitá d’a noite pasaches.

Irei; máis dame un biquiño
antes que de tí m’aparte,
Que esos labiños de rosa
Inda non sei  cómo saben.
...................................................
Así te quero, meu ben,
Com’un santo dós altares;
Mais fuxe...qu’o sol dourado
Por riba dós montes saye.

Rosalia Castro

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres