Blogia
marte

Para conocerte mejor,rosalia

Para conocerte mejor,rosalia

Cantar Nº X - Rosalia Castro
(Fragmento)  

Airiños, airiños aires,
Airiños d’a miña terra;
Airiños, airiños aires,
Airiños, levaime á ela
.
..................................
Doces galleguiños aires
Quitaidoriños de penas,
Encantadores d’as auguas,
Amantes d’as arboredas;
Música d’as verdes canas
D’o millo da nosas veigas;
Alegres compañeiriños,
Run-run de todal-as festas,
Leváime n-as vosas alas
Com’unha folliña seca.
Non permitás qu’aquí morra,
Airiños d’a miña terra,
Qu’ainda penso  que de morta
Hei de sospirar por ela.
.................................................
E aló pol-o camposanto,
Donde enterrada me teñan,
Pasés n-a calada  noite
Runxindo antrá folla seca,
Or murmuxando medrosos
Antr’as brancas calaveras;
Inda dimpois de mortiña,
Airiños d’a miña terra,
Eivos de berrar: ¡¡ Airiños,
Airiños, leváime á ela!!

 

0 comentarios